ADOS APELA Á SOLIDARIEDADE DOS CIDADÁNS PARA QUE DOEN SANGUE E SOLICITEN CITA PREVIA NO TELÉFONO 900 100 828

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) apela, novamente, á solidariedade dos cidadáns para que doen sangue e aumentar as reservas de todos os grupos sanguíneos, especialmente do A Positivo e o Cero Positivo. Para facilitar a realización das doazóns de sangue e facer compatible este xesto solidario co respecto ao confinamento ao que estamos sometidos todos os cidadáns por mor da situación de emerxencia sanitaria decretada pola pandemia do COVID-19, ADOS ten habilitado o teléfono gratuíto 900 100 828, para solicitar cita previa.

Todas as persoas que desexen participar deben chamar ao 900 100 828 e facilitaremoslle unha cita para doar. A data, lugar e hora desta cita, para efectuar a doazón, remitiraselle mediante mensaxe de SMS ao seu teléfono móbil e, despois da doazón, emitiraselle un xustificante de ter doado, todo este proceso permite a xustificación do desprazamento e a reaización da doazón coas máximas garantías de seguridade.

Comparte vida, únete a nós.