A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PRESENTA A PRIMEIRA CAMPAÑA DO PROXECTO “DEPORTE SOLIDARIO” NO CONCELLO DE ARTEIXO

ADOS promove esta iniciativa, en colaboración coa corporación municipal, que achega información relativa ao solidario xesto da doazón de sangue a clubes e entidades deportivas deste concello coruñés

Arteixo, martes 4 de febreiro de 2020.

A directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López Garcia, acompañada polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e a concelleira municipal de Deportes, Purificación Zas, presentaron esta maña o proxecto “Deporte Solidario” que procura a colaboración de todos membros dos clubes e entidades deportivas deste municipio coruñés.

Desde ADOS, salientase que tratase da primeira iniciativa deste proxecto, que tentará espallarse nos vindeiros meses polos concellos das catro provincias. Así mesmo, a directora da Axencia, agradeceu á corporación municipal de Arteixo a súa implicación nesta iniciativa que tivo, a pasada semana, a sua primeira reunión que contou coa asistencia de representantes de máis de 30 clubes e entidades deportivas do municipio.

Visita unidade móbil

Mediante este programa, o Concello de Arteixo está a distribuir desde a súa web a as súas redes sociais, información sobre o xeneroso xesto da doazón a todas as entidades deportivas municipais para que promovan a participación dos seus integrantes na campaña de doazón de sangue que terá lugar en Arteixo os días 12, 13, 14 e 15 de febreiro. A unidade móbil de ADOS efectuará os seguintes desprazamentos:

Mércores 12 de febreiro:
  • Meicende, unidade móbil diante de Abanca, das 15:30 ás 18:30 horas.
  • Villarrodís unidade móbil diante de Alcalde Platas Varela nº 83, das 19:00 ás 21:00 horas. Xoves 13 de febreiro:
  • Oseiro, unidade móbil diante da urbanización Sol e Mar, das 16:00 ás 18:30 horas.
  • Pastoriza, unidade móbil diante de Travesía de Pastoriza nº 54, das 19:00 às 21:00 horas. Venres 14 de febreiro:
  • Arteixo, unidade móbil na entrada da rúa peonil das 10:00 ás 14:30 e das 16:00 ás 21:00 horas.

Sábado 15 de febreiro:
  • Arteixo, unidade móbil na entrada da rúa peonil das 10:00 ás 15:00 horas.

A dirección de ADOS salienta a importancia da colaboración de colectivos e institucións de todos os ámbitos para acadar unha conciencia solidaria proclive á doazón como, nesta ocasión, está a impulsar a Concellería de Deportes de Arteixo e as entidades deportivas municipais, xa que poden unir os positivos valores do mundo do deporte á nosa mensaxe e transmitila con maior proximidade por ter un amplo calado social. 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer sinceramente a todos os membros dos clubes e entidades deportivas de Arteixo, así como á corporación municipal, a súa especial sensibilidade a prol da doazón de sangue, así como convidar a todos os concellos de Galicia a que se sumen ao proxecto “Deporte Solidario”

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Comparte vida, únete a nós.