h1

A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar o seu problema de saúde, e mesmo, salvar a vida.

Os homes poden doar un máximo de 4 veces ó ano e as mulleres 3; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses.
Non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas.
Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e que teñan máis de 18 anos. Os doadores maiores de 65 años poden continuar doando co permiso do seu médico de cabeceira.
Lembre, a doazón de sangue é un acto RESPONSABLE.
É vital, para a seguridade transfusional, que o doador aporte toda a información posible sobre o seu estado de saúde, xa que o sangue doado vai destinado a axudar a recuperación dos doentes
A misión dos compoñentes sanguíneos é mellorar a saúde dos enfermos
Todas as persoas que desexen doar sangue teñen que coñecer e comprender a seguinte información. En caso de ter algunha dúbida pode consultar cos médicos do CTG nas unidades móbiles ou nos locais de doazón, tamén pode chamar ao noso teléfono gratuíto de atención ao doador de sangue (900 100 828, das 08:00 ás 22:00 dende teléfonos fixos e móbiles) :
 
CAUSAS QUE IMPIDEN DOAR SANGUE DE FORMA PERMANENTE:
1.            ¿Foi excluído de forma permanente nalgunha outra ocasión?
2.            ¿Padeceu, padece ou é portador crónico de enfermidades transmisibles polo sangue, tales como: hepatite B, hepatite C, hepatite de causa descoñecida, SIDA, sífilis non tratada, lepra, Enfermidade de Chagas,....?
3.            ¿Ten historial familiar de Enfermidade de Creutzfeld-Jakob, recibiu implante de córnea, ou doutro tecido, duramáter humana ou bovina, tratamento con extractos de pituitaria ou procedemento neurocirúrxico intracraneal?
4.            ¿Residiu durante un período acumulado de máis dun ano no Reino Unido entre os anos 1980 e 1996 inclusive?
5.            ¿Consumiu algunha vez drogas por vía intravenosa ou drogas doutro tipo?
6.            ¿Padeceu ou padece enfermidades graves ou crónicas de corazón, riles, cancro, diabete insulinodependente, asma grave, epilepsia, alcoholismo crónico, convulsións,...?
7.            ¿ Realizou prácticas de risco de SIDA ? , tales como:
a.             ¿Tivo relacións sexuais non seguras?
b.            ¿Tivo relacións sexuais con múltiples persoas?
c.             ¿Tivo relacións sexuais con portadores do VIH (SIDA)?
d.            ¿Tivo relacións sexuais con persoas consumidoras de drogas?
e.            ¿Tivo relacións sexuais a cambio de drogas ou de diñeiro?
Se é afirmativa a resposta a algunha das anteriores preguntas, vostede NON pode doar sangue de forma DEFINITIVA.
Lembre que o CTG quere preservar a saúde da persoa que acude a doar e tamén quere garantir que os compoñentes sanguíneos non lle causan ningún problema ao enfermo que os recibe.
 
CAUSAS QUE IMPIDEN DOAR SANGUE DE FORMA TEMPORAL
1.            ¿Foi excluído recentemente de forma temporal?
2.            ¿Recibiu algunha transfusión de sangue nos últimos 12 meses?
3.            ¿Realizou un exame endoscópico, implantación de catéteres ou perforación da pel e mucosas nos últimos 12 meses?
4.            ¿Fíxose algunha tatuaxe, acupuntura ou piercing sen control médico nos últimos 4 meses?
5.            ¿Estivo exposto ao sangue ou a instrumentos contaminados nos últimos 12 meses?
6.            ¿Tivo contacto directo con persoas que padezan ou sexan portadores crónicos de hepatite B, hepatite C ou VIH nos últimos 12 meses?
7.            ¿Practicáronlle unha intervención cirúrxica nos últimos 6 meses?
8.            ¿Estivo a tratamento odontolóxico nos últimos 7 días?
9.            ¿Tivo febre inexplicable ou enfermidades do tipo da gripe nas últimas 2 semanas? ¿Tivo catarro común na última semana?
10.          ¿Padeceu tuberculose activa, brucelose, toxoplasmose ou febre reumática tratada e curada nos últimos 2 anos? ¿Ou Mononucleose infecciosa tratada e curada nos últimos 6 meses?
11.          ¿Padece alerxias? ¿Deulle alerxia algún medicamento no último ano?
12.          ¿Padece hipertensión descompensada ou anemia ferropénica?
13.          ¿Toma habitualmente algunha medicación ou vacina que impida a doazón de sangue?
14.          ¿Residiu nos últimos 5 anos en países con paludismo tropical ou viaxou a países con paludismo tropical nos últimos 6 meses?
15.          ¿Estivo embarazada ou sufriu un aborto nos últimos seis meses?
16.          ¿Vai realizar algunha actividade perigosa nas próximas 12 horas?
17.          ¿Está en xaxún? ¿Realizou unha comida pesada nas últimas dúas horas?
Se é afirmativa a resposta a algunha das anteriores preguntas, Vostede NON pode doar sangue de forma TEMPORAL.
Se quere coñecer canto tempo ten que pasar ata que poda volver a doar sangue, pode consultar cos médicos do CTG nas unidades móbiles ou nos locais de doazón.
Tamén pode chamar ao noso teléfono gratuíto de atención ao doador de sangue (900 100 828)