Certificados e acreditacións de Calidade


En 1998 a organización certificouse por primeira vez segundo os requisitos da norma ISO 9002:1994. Durante 2004, a organización adaptou o seu sistema de xestión á ISO 9001:2000, no 2010 á ISO 9001:2008 e no 2019 á ISO 9001:2015.

O Sistema de Xestión da Calidade asegura o bo funcionamento de todos os procesos, conservando os niveis de eficiencia e calidade conseguidos ata o momento.

Certificación ISO 9001​

É a certificación do Sistema de Xestión da Calidade de acordo cos criterios da Norma ISO 9001:2015.
O alcance desta certificación abarca a selección de doantes de sangue total e hemaférese, extracción, separación, almacenamento, distribución, procesamento analítico e histocompatibilidade. Criopreservación de compoñentes sanguíneos. Banco de cordón umbilical. Promoción da doazón.
Renóvase cada 3 anos e revísase semestralmente.​


Estándares en Transfusión Sanguínea do Comité de Acreditación en Transfusión (CAT). Sociedade Española de Transfusión Sanguínea (SETS).

A Fundación CAT, organismo de certificación de calidade en transfusión, terapia celular e tisular, certifica que ADOS foi auditada e é conforme aos Estándares en Transfusión Sanguínea CAT nas seguintes áreas: Análise, Aférese, Doazón,Autodoazón, Almacenamento – Distribución e Procesamento de compoñentes.
Certificamosnos por primeira vez en 1997. Esta acreditación CAT corresponde a cada unha das unidades auditadas e renóvase cada 3 anos e revísase anualmente.


Estándares en Bancos de Sangue de Cordón Umbilical da Fundación CAT.

A Fundación CAT, organismo de certificación de calidade en transfusión, terapia celular e tisular, certifica que a AXENCIA GALEGA DE SANGUE, ÓRGANOS E TECIDOS foi auditada e é conforme aos Estándares en obtención, procesamento, almacenamento e distribución de sangue de cordón nas seguintes áreas: Obtención de sangue de cordón, procesamento, almacenamento e distribución de sangue de cordón.
Dispoñemos desta certificación desde 2012 e renóvase cada 3 anos e revísase anualmente.


Standards for Histocompatibility Testing. European Federation for Immunogenetics (EFI)

O Laboratorio de histocompatibilidade está acreditado pola EFI (European Federation of inmunogenetics) para a tipificación de HLA desde 1998 e renóvase anualmente.


Certificado do sistema de xestión da calidade conforme coa Norma ISO 9001:2015 na Área de órganos, células e tecidos

A Unidade de Criobioloxía-Establecemento de Tecidos do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, con adscripción funcional á Axencia, dispón da certificación ISO 9001:2015 para as actividades de recepción, procesamento, almacenamento, distribución de células e tecidos humanos para uso clínico.​​​​​​​​​​​​​​​

Comparte vida, únete a nós.