A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ESTREA UN NOVO PORTAL WEB MÁIS ACCESIBLE E FUNCIONAL

Neste novo portal racionalizáronse a estrutura, os contidos e a súa presentación para que a cidadanía poida acceder de forma máis áxil as súas distintas seccións
 
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2023.- A Axencia de Doazón de órganos e Sangue (ADOS) acaba de lanzar un novo portal web, coa que se quere facilitar a información sobre os distintos tipos de doazón e achegar a súa actividade a sociedade.

Neste renovado portal web, a cidadanía pode atopar toda a información precisa sobre os requisitos para poder doar sangue, órganos, tecidos e medula ósea.

O novo deseño e máis adaptativo, permitindo a correcta visualización de todas as páxinas con independencia do dispositivo que usemos. Esta tecnoloxía permite que unha mesma interface web se vexa ben e se adapte as dimensións da pantalla de tablets, teléfonos móbiles, portátiles e ordenadores de escritorio.

Ademais, prestouse unha atención especial na mellora da navegación da web, dirixindo todos os contidos, nun primeiro momento, aos cinco grandes grupos de interese: Onde Doar, É-Saúde, Doazón de Medula Ósea, Doazón e Transplante e Semáforo, e despregando a información de maneira agrupada e clara, co obxectivo de que o usuario localice e chegue a páxina de destino nos mínimos clics. Tamén enlaza coas redes sociais Twitter, Facebook, Instagram e YouTube, e facilita teléfonos e correos electrónicos de contacto.

Os contidos mais importantes do sitio están destacados mediante banners iconográficos, e cada un destes contidos están a súa vez relacionados con outros similares mediante etiquetas, enlaces e banners específicos. Tamén se utilizan tipografías moi lexibles e cores planas e agradables para favorecer a lectura de textos nas pantalla.

Este lanzamento do novo portal web enmárcase dentro do proceso de mellora continua que se leva a cabo dende a Consellería de Sanidade e ADOS.

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

Comparte vida, únete a nós.