En termos xerais, pode doar medula ósea toda persoa sa desde os 18 anos e ata os 60 anos, sempre que non padeza ningunha enfermidade susceptible de ser transmitida ao receptor e que tampouco padeza ningunha enfermidade que poida poñer en perigo a súa vida polo feito da doazón.
A partir de 2018, só incluiranse no rexistro novos doantes con idades entre 18 e 40 anos. Isto débese ao obxectivo de rexuvenecer e optimizar a composición do noso rexistro de doantes, xa que os doantes máis novos (menores de 40 anos) son os máis solicitados e cos que se obteñen mellores resultados clínicos nos pacientes que se transplantan.
A grandes liñas, o doante non debe posuír antecedentes persoais de enfermidades cardíacas, hepáticas, autoinmunes, infecto-contaxiosas ou neoplásicas. A pesar diso, presentámosche unha a unha as preguntas máis frecuentes que recibimos en relación coa doazón de medula ósea.