A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA Á CIDADANÍA Á SUMARSE AO SEU EQUIPO E PARTICIPAR NA CAMPAÑA “NADAL 2019”

As unidades móbiles de ADOS visitarán a presente semana medio cento de concellos galegos co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais

Santiago, luns 16 de decembro de 2019.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar na campaña “Nadal 2019” e, deste xeito, “sumarse ao noso equipo”, tal e como di o lema desta iniciativa especial. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns dos tipos A Negativo, A Positivo e Cero Negativo. 
Os períodos vacacionais, como o Nadal e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais. Neste sentido, lembrar que, todos os días, precisamos entre 400 e 500 doazóns para garantir a axeitada cobertura de compoñentes sanguíneos aos hospitais.

Desprazamentos 

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ata o vindeiro 21 de decembro, ao redor de medio cento de concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos. ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

Luns 16 de decembro
Bº San Valentín (Fene), Arteixo, Cesuras, Bembibre (Val do Dubra), O Valadouro, A Gudiña, O Grove, Moraña e Salceda de Caselas

Martes 17 de decembro
Monfero, Arteixo, Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Tordoia, ForteCamporrapado (Boqueixón), Castro de Rei, Castro Riberas de Lea, Trasmirás, Cualedro, Gondomar, Illa de Arousa e O Grove

Mércores 18 de decembro
Mugardos, Sada, Polígono de Icaria (Oleiros), Muros, Vimianzo, ForteCamporrapado (Boqueixón), Mondoñedo, Rúa do Paseo (Ourense), Chapela (Redondela), Silleda e Vilanova de Arousa

Xoves 19 de decembro
Praza de España (Ferrol), Polígono de Icaria (Oleiros), Cambre, Camariñas, CRTVG (Santiago), Urb. Os Tilos (Teo), Lestedo (Boqueixón), Sarria, A Merca, Taboadela, Maceda, Bueu, Cambados e Ponteareas.

Venres 20 de decembro
Praza de España (Ferrol), Bº Novo Mesoiro (A Coruña), Noia, Padrón, Rois, Zas, Praza Maior (Lugo), Pobra de Trives, Ramirás, Cambados e Ponteareas

Sábado 19 de decembro
Baio (Zas), Neda, Noia, Padrón, Becerreá e Ponteareas

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

Como colaborar

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón de páxinas nas principais redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter), unha páxina web: ados.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

SAÚDOS
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Comparte vida, únete a nós.