A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE LEMBRA A NECESIDADE DE DOAR SANGUE NAS XORNADAS PREVIAS Á PONTE FESTIVA DE MAIO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue pon o teléfono gratuíto 900 100 828, recomenda a cita previa, e informa onde participar

Santiago de Compostela, martes 11 de maio de 2021.- 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos A Positivo e A Negativo. As xornadas festivas soen coincidir cun incremento das urxencias, polo que resulta preciso reactivar o permanente chamamento á doazón que fai ADOS os 365 días do ano. Fai falta lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo adecuadamente o seu labor asistencial.

ADOS convida os cidadáns a mostrar o seu carácter xeneroso e solidario posto que o aumento na demanda de compoñentes sanguíneos e a coincidencia de datas festivas nestas semanas repercute nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos por mor, ademais, do incremento da actividade asistencial hospitalaria e dos transplantes de órganos.

Facilitar a participación

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue espera, unha vez máis, contar coa activa participación dos cidadáns nas campañas de doazón de sangue e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

  • Mércores 12 de maio 
Betanzos, Barrio dos Mallos e Zona Monelos-Castrillón (A Coruña), Praza Vermella (Santiago), Cacheiras (Teo), Ronda das Fontiñas (Lugo), A Fonsagrada, Allariz, O Rosal, Sanxenxo e Santa María de Oia.

  • Xoves 13 de maio 
Betanzos, Bergondo, Porto do Son, Santa Cruz de Oleiros, Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), Ribadeo, Rúa do Paseo (Ourense), Nigrán, Barrio de Teis (Vigo) e Vilagarcía de Arousa.

  • Venres 14 de maio 
Carballo, Barrio de Labañou (A Coruña), Noia, Pontedeume, Porto do Son, Barrio A Milagrosa e Praza Huerta do Seminario (Lugo), Xinzo de Limia, Moaña, Chapela (Redondela) e Vilagarcía de Arousa

  • Sábado 15 de maio 
Carballo, Noia, Pontedeume, Xinzo de Limia e Moaña 

Ademais, ADOS lembra á cidadanía que tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nos principais centros hospitalarios das sete grandes cidades galegas.

Doar: moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin padecese enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite as moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida. 
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828. Neste número de teléfono tamén é posible solicitar cita previa para doar sangue.

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Comparte vida, únete a nós.