A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE RENOVA O PARQUE DE VEHÍCULOS DA UNIDADE DE PROMOCIÓN PARA ACHEGAR A INFORMACIÓN SOBRE O SOLIDARIO XESTO DA DOAZÓN A TODOS OS PUNTOS DA XEOGRAFÍA GALEGA


A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres 31 de xaneiro a presentación dos sete novos vehículos que veñen a renovar o parque móbil da unidade de Promoción da Doazón da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Cada un destes vehículos permitirá achegar as campañas de sensibilización e información promovidas desde ADOS a todos e cada un dos concellos galegos.
 
O persoal da Unidade de Promoción de ADOS ten unha gran mobilidade, xa que percorren, todos os días, a nosa Comunidade e efectúan constantes desprazamentos facilitando, tanto a distribución de información, como promovendo o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que permiten achegar as unidades móbiles de ADOS aos municipios galegos.

Comparte vida, únete a nós.