No transcurso da primeira fase participaron 2.878 membros da comunidade universitaria, dos cales un 36,7% doaban sangue por vez primeira
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere amosar o seu agradecemento a todos os membros da comunidadeuniversitaria pola súa excelente participación na primeira fase da campaña de doazón nas universidades galegas e que supuxo superar nun 21,6% as doazóns acadadas no mesmo período do ano anterior.
ADOS principia este mes de marzo a segunda fase da campaña especial de doazón de sangue na Universidade que se prolongará ata o vindeiro mes de maio, marcándose como obxectivo o “Reto 5000”, que pasa por acadar as 5.000 doazóns de sangue e superar ás 4.601 doazóns recollidas no pasado ano académico.
No transcurso da primeira fase da campaña na Universidade do curso 2019-2020, rexistrouse a participación de 2.878 membros da comunidade universitaria, cifra que representa un incremento do 21,6% con respecto ao mesmo período do curso anterior.
Especialmente salientable resulta a participación de 1.136 cidadáns que doaron sangue por vez primeira, cifra que representa o 36,7% do total de doazóns rexistradas.
A CORUÑA |
812 |
302 |
FERROL |
134 |
58 |
LUGO |
189 |
52 |
PONTEVEDRA |
120 |
21 |
OURENSE |
237 |
67 |
SANTIAGO |
880 |
409 |
VIGO |
506 |
227 |
Importante participación
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra a importancia que ten o desenvolvemento das campañas de doazón no eido educativo, tanto en centros de
educación non universitaria como universitaria xa que, para moitos xovenes, é o primeiro contacto que teñen co solidario xesto da doazón de sangue.
Esta iniciativa, que se prolongará ata o vindeiro mes de maio, é posible grazas á colaboración que brindan os reitores das tres universidades, así como os decanos e directores de todos os centros educativos, membros da comunidade universitaria (PAS, alumnos e alumnas....)
Nas xornadas previas ao desenvolvemento da cada campaña, impartiranse charlas didácticas e distribuirase material informativo cos requisitos precisos para doar e da data e lugares onde podemos participar.
ADOS quere reiterar o agradecemento a todos os membros da comunidade universitaria a súa colaboración, ao tempo que reitera o seu compromiso co labor educativo e de sensibilización que se levan a cabo nas Universidades. Neste sentido, lembrar que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue colabora coa Universidade noutras iniciativas como a realización de visitas formativas por parte dos centros universitarios ata os laboratorios de ADOS, colaboración con distintos colectivos e asociacións universitarias ou a realización de proxectos de Aprendizaxe e Servizo levados a cabo con distintas facultades
da Universidade de Santiago de Compostela (USC), concretamente, neste curso coas Facultades de Ciencias da Educación e de Enfermaría da USC.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE