A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE AGRADECE A COLABORACIÓN DA SD MONTERROSO PARA FAVORECER UNHA CULTURA SOCIAL FAVORABLE A ESTE XESTO SOLIDARIO

 
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere amosar o seu sincero agradecemento á SD Monterroso pola súa colaboración na campaña de doazón desenvolvida no municipio lucense o pasado 15 de maio, na que se recolleron 26 doazóns de sangue, das que 5 correspondíanse con persoas que doaban sangue por vez primeira. Faise extensivo este agradecemento a todos os veciños e veciñas de Monterroso que doan sangue.

Esta campaña de doazón de sangue forma parte do programa “Máis que deporte”, promovido polo club lucense, que tenta achegar iniciativas de importante calado social, como neste caso sucede coa doazón de sangue, un xesto imprescindible para o axeitado desenvolvemento do labor asistencial do noso sistema de saúde.

Ademais da visita da unidade móbil da ADOS a pasada semana, o equipo lucense desarrollada distintas iniciativas destinadas a fomentar a doazón e agasallou con entradas para o encontro que SD Monterroso disputou o pasado domingo coa UD Xove Lago, partido no que os xogadores de ambos equipos saltaron ao terreo de xogo con camisetas da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, como xeito de salientar a importancia da doazón de sangue.
 

 

Comparte vida, únete a nós.