A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE SALIENTA A EXCELENTE PARTICIPACIÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA EMPRESA OPmobility

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere amosar o seu sincero agradecemento á dirección e aos traballadores e traballadoras de OPmobility en Redondela, que realizaron un total de 101 doazóns de sangue, no transcurso das campañas desenvolvidas nas instalacións desta empresa pontevedresa durante presente mes de xuño.

As unidades móbiles de ADOS teñen realizado desde o ano 2021, catro campañas de doazón de sangue nas instalacións da empresa OPmobility acadando, no transcurso de todas elas, un excelente resultado de participación con 341 doazóns, das cales o 35 (o 10%) correspóndense con persoas que doaban por vez primeira.

ADOS quere agradecer á dirección de OPmobility a súa especial sensibilidade a prol do solidario xesto da doazón de sangue, así como a súa colaboración e compromiso no desenvolvemento das campañas de doazón en unidades móbiles que favorece ó acceso á doazón dos traballadores e traballadoras nas propias instalacións da empresa. A Axencia fai extensivo o seu recoñecemento a todos os profesionais de OPmobility, xa que co seu xesto solidario contribúen ao mantemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

Comparte vida, únete a nós.