UNIDADE DE PROMOCIÓN DA
DOAZÓN DE SANGUE DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E
SANGUE
A
información sobre a doazón de sangue, xunto coas facilidades
para participar neste acto solidario, son os dous eixos
fundamentais que lograron incrementar de forma significativa a
taxa de doazón de sangue en Galicia.
Na
nosa Comunidade dispoñemos de Locais de Doazón de sangue nas 7 grandes cidades de Galicia, que
permanecen abertos máis
de 15.000 horas e 10 Unidades
Móbiles
que percorren
máis de 250.000 quilómetros cada ano, realizando
máis
de 3100
desprazamentos a 800 localizacións diferentes.
A intención é brindar facilidades aos cidadáns no seu lugar de residencia
(concellos, barrios ou parroquias), no seu lugar de traballo
(empresas, organismos públicos) ou no seu lugar de estudos
(institutos, facultades...).
A
Axencia dispón
un equipo de 7
persoas, que se encargan de promocionar
a participación dos doantes en cada un dos desprazamentos
das 10 unidades móbiles que cada día se achegan a diversos
lugares de Galicia, e realizan as tarefas de difusión de información
necesaria para sensibilizar á poboación sobre a
importancia de doar sangue de forma regular.
Este equipo
de promoción da doazón de sangue, xunto cos
voluntarios que traballan nas asociacións de doantes, desenvolven
labores informativos adaptados a cada tipo de campaña (distribución
de folletos, flyers, carteis, charlas informativas, programa
educativo?), ao obxecto de sensibilizar da importancia de doar
sangue, polo menos unha vez ao ano, xa que este xesto solidario é
vital para axudar a miles de pacientes.
Chegamos
a cada recuncho de Galicia
O
equipo de promoción da doazón de sangue percorre cada ano máis
de 170.000 km e desenvolve
labores informativos en aproximadamente
300
concellos, 100
parroquias, 70
barrios das grandes cidades, 125
empresas, polígonos industriais e organismos públicos, 85 centros
universitarios, 100 institutos e centros docentes non universitarios e
7
dependencias das Forzas Armadas.
Como
é lóxico, a maioría de doazóns prodúcense nas campañas
desenvoltas en concellos, aos que se desprazan as unidades
móbiles da Axencia cunha frecuencia que depende do número de habitantes
e do número de doantes. Hai concellos
aos que se acode unha vez ao mes e hai outros que se acode unha ou dúas
veces ao ano.
Tamén
destaca a participación nas sete grandes cidades de Galicia,
que contan con locais de doazón permanentes e aos que se desprazan
as unidades móbiles a diversas zonas ou barrios de cada
cidade, a empresas, institutos, facultades, etc. Nas grandes
cidades prodúcese o 47% do total de doazóns de sangue que cada
ano se realízan en Galicia
Outro
tipo de campañas vai dirixido ás principais parroquias de Galicia
e tamén a empresas e organismos públicos, onde destaca o Grupo
Stellantis-PSA de Vigo como a empresa de maior participación de toda España, con máis de 70.000 doazóns de sangue extraídas desde que
comezamos a acudir ás súas instalacións.
Tamén
se desenvolven campañas anuais en centros docentes (universidade e
institutos) e, por último, hai que mencionar a campaña que leva
a cabo nas dependencias das Forzas Armadas (Exército de Terra,
Armada e Exército do Aire), que excede as 45.000
doazóns de sangue desde que comezamos a nosa actividade en 1993.
Cabe
destacar algúns dos programas e campañas especiais que realiza
a Axencia aos longo do ano:
Campaña
de doazón de sangue en empresas e organismos públicos
As
unidades móbiles de doazón de sangue da Axencia visitan máis
de 130 empresas,
polígonos industriais e institucións públicas, e supoñen preto do
8% do
total de doazóns que se producen cada ano en Galicia.
A
clave do éxito desta
s campañas
solidarias
baséase na distribución da información
nos días previos á chegada da unidade móbil e
ás facilidades para poder doar sangue dentro do horario laboral.
Programa
Mensaxeiros Solidarios
Programa
formativo con 20 anos de traxectoria, lévase a cabo en máis de 300
centros educativos de Galicia e está dirixido ao último curso de educación
primaria e primeiro de secundaria. Ten un dobre obxectivo:
-
Tratar o concepto do sangue como un elemento positivo na vida
das persoas e combater a visión cultural negativa que rodea a este
líquido vital.
-
Implicar aos nenos e nenas de cada colexio para que se convertan
en "mensaxeiros" da doazón de sangue na súa contorna familiar.
Programa
Educación Solidaria
A
Axencia tamén
impulsa accións formativas e informativas entre o profesorado e
alumnado dos centros docentes de educación secundaria (último
curso) e bacharelato (primeiro curso).
Programa
en institutos formación profesional e en universidades
Dentro das
campañas desenvoltas pola Consellería de Sanidade desde
1994, enmárcase a levada a cabo en preto de 100
centros docentes non universitarios
e en 80 centros
universitarios.
As
difusión de material informativo e
as charlas impartidas clase por clase e curso por curso en institutos
de formación profesional de toda Galicia e en centros
universitarios dos 7 campus, unido ao desprazamento das
unidades móbiles da Axencia unha ou dúas veces por curso
a cada centro docente, facilita
a participación do alumnado maior de 18 anos, profesorado e PAS,
obtendo
preto de 9.000
doazóns ao ano, das que 3.200 son realizadas por doantes
de primeira vez.
Rexuvenecer
a base de doantes de sangue en Galicia é un obxectivo estratéxico,
xa que é imprescindible combater o progresivo envellecemento da
poboación e as súas negativas consecuencias para lograr o número de doazóns
que precisan cada ano os hospitais.
Participa
no noso programa educativo
Se
queres colaborar coa Axencia desenvolvendo unha campaña educativa
nun colexio, unha empresa ou un colectivo, pode contactar:
Teléfonos:900 100 828 e 881546900
Correo electrónico:Promoción.ADOS@sergas.gal
No portal web e redes sociais da Axencia hai información específica da
doazón de sangue: proceso de doazón, requisitos e obtención
de compoñentes sanguíneos.
https://a
Axencia.sergas.gal
https://twitter.com/doadoressangue
https://www.facebook.com/doadoressangue
https://www.youtube.com/channel/ucl2vp0q1nmFBV9zsQacs4oQ
https://www.instagram.com/doadoressangue/?hl=é
O
sangue non se pode
fabricar
e só é posible obtela coa doazón de persoas que
comparten a súa saúde coas que a perderon
A
solidariedade está dentro de ti
Para
xestionar o sistema sanitario necesitamos infraestructuras
(hospitais, quirófanos, centros de saúde, ambulancias....),
profesionais (médicos, persoal de enfermería, persoal auxiliar,
persoal celador, persoal administrativo...), tecnoloxía para
realizar o diagnóstico e tratamentos dos enfermos
(radiografías, análises...), fármacos para o tratamento dos
pacientes e, tamén, persoas que doan
sangue, un xesto
imprescindible no desenvolvemento da actividade sanitaria.
Cada
día, os hospitais galegos atenden máis de 160.000 procesos
sanitarios, levan a cabo 14.100 probas diagnósticas e atenden
5.100 estancias hospitalarias. Os hospitais galegos necesitan cada
día entre 400 e 500
doazóns de sangue para atender unha media de 2.800
urxencias, máis de 800
intervencións cirúrxicas,
1 transplante de órganos
e 1.600 atencións nos hospitais de día.
Unha
intervención cirúrxica pode necesitar dúas bolsas de glóbulos
vermellos, nalgúns accidentes de tráfico e transplantes de fígado chégase
a utilizar o sangue que doan 10 ó 20 persoas, no
tratamento de persoas con cancro ou leucemia necesitamos plaquetas
obtidas de moitas doazóns de sangue.
As
persoas que doan sangue forman parte do noso sistema sanitario,
están presentes nos quirófanos cando realizamos unha
intervención quirúrgica,
nas urxencias cando atendemos a unha persoa que sofre un
accidente de tráfico, nos hospitais de día cando tratamos aos
enfermos de cancro ou leucemia ou cando realizamos transplantes de órganos.
Por iso, a Axencia utiliza o lema súmate ao noso equipo,
para transmitir a importancia de compartir a saúde cos
pacientes que queren solucionar a súa enfermidade.