A CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS DE COMPETICIÓN DE GONDOMAR CONTOU COA PRESENZA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS

O pasado sábado, 2 de setembro, celebrouse no Complexo Deportivo As Cercas, no concello de Gondomar, unha concentración de vehículos de competición organizada pola Asociación Deportiva Cantera Competición, en colaboración co Concello de Gondomar, e na que contou coa presenza dunha unidade móbil de ADOS, na que se realizaron 33 doazóns de sangue. Desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue queremos expresar o noso agradecemento á Asociación Deportiva Cantera Competición pola súa iniciativa, ao  Concello de Gondomar e a todos os doantes de sangue por este xesto solidario. ADOS lembra que todos os días do ano, incluídos os meses de verán, é necesario obter entre 400 e 500 doazóns de sangue para abastecer aos centros sanitarios de Galicia.

Comparte vida, únete a nós.