A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ACHEGOU ATA A CIDADE DE PONTEVEDRA A CAMPAÑA SOLIDARIA “VERÁN 2023: TI ES O PROTAGONISTA”

Esta campaña percorrerá durante os meses de xullo, agosto e setembro a distintas vilas e cidades de Galicia. O obxectivo desta iniciativa pasa por aumentar a participación dos galegos e galegas na época estival
Santiago de Compostela, 6 xullo de 2023.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), promove dende a cidade de Pontevedra o inicio da campaña especial “Verán 2023. Ti es o protagonista”, que achegará o xesto solidario da doazón de sangue a distintos concellos da xeografía galega, e na que se pretende render unha homenaxe aos doante mediante o slogan “Ti es o protagonista” .

Necesidade constante

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promove a colaboración da veciñanza nesta campaña de doazón de sangue para asegurar o gran labor asistencial dos 32 centros hospitalarios galegos, que precisan entre 400 e 500 doazóns diarias.

As temporadas de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden cos períodos das vacacións estivais. Por esa razón, desenvólvense accións informativas nos concellos, para tentar garantir unha resposta adecuada co obxecto de cubrir a demanda de compoñentes sanguíneos que necesitan os hospitais galegos. Nesta campaña “Verán 2023: Ti es o protagonista” enmárcase a iniciativa que levará mañá á Cidade de A Coruña unha unidade móbil de ADOS.

Campaña en A Coruña

A unidade móbil de ADOS estará mañá, 7 de xullo, na zona do Obelisco, de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.

Comparte vida, únete a nós.