Cada
día, os hospitais galegos atenden máis de 160.000 procesos
sanitarios, levan a cabo 14.100 probas diagnósticas e atenden
5.100 estancias hospitalarias. Os hospitais galegos necesitan cada
día entre 400
e 500 doazóns
de sangue para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500
intervencións cirúrxicas e 3 transplante de órganos e tecidos,
ademais de 1.600 atencións nos hospitais de día.
Doar
sangue é fácil, un equipo médico realiza unha revisión do estado
de saúde do doante e para a extracción utilízase material
estéril e dun só uso. De cada doazón de sangue obtéñense 3
compoñentes, co que con cada doazón pódense salvar tres
vidas.
A
unidade
de Hemodonación
e
Aférese
é
a encargada de realizar
as extraccións
de sangue e aférese na Comunidade Autónoma
de Galicia. Disponemos
de Locais de Doazón de sangue nas 7 grandes cidades de Galicia
e 10 Unidades Móbiles que percorren máis de 250.000
quilómetros cada ano, realizando máis de 3100 desprazamentos a 800
localizacións diferentes. En persoal
tenemos
27 médicos/as, 45 enfermeiros/as, 16 TCAES e 17 condutores,
distribuídos en equipos que cada día percorren Galicia. A
intención é brindar facilidades aos cidadáns achegándonos
a
o seu lugar de residencia, o seu lugar de traballo, ou o seu lugar de estudos.
Es
responsable dos seguintes procesos:
DOAZÓN
DE SANGUE
Todo
o proceso de doazón dura aproximadamente 30 min; ao chegar un
médico valorará o teu estado de saúde e fará unhas sinxelas probas
para comprobar que o teu estado é o óptimo para doar. A continuación
o persoal de enfermería realizará a extracción e logo pasará
á zona de refrixerio, onde recuperarás o volume de líquido
cunha bebida e un pequeno bocadillo para recuperar forzas.
Xa
está, salvaches tres vidas.
DOAZÓN
MEDIANTE AFÉRESE
A
AFÉRESE é unha forma diferente de doazón de sangue. Neste
proceso recóllese un pequeno volume de sangue, sepárase o
elemento necesario e restitúense o resto de compoñentes ao
doante.
Na
actualidade, na Axencia realizamos diferentes procesos de extracción
de compoñentes mediante aféreses:
Plaquetoféresis:
no que se obtén unha unidade de plaquetas
Plaquetoplasmaféresis:
no que se obtén unha unidade de plaquetas e unha de plasma
Citaféresis:
no que se obtén, ademais do anterior, unha unidade de hematíes.
Este tipo
de doazón permítenos obter unidades de maior calidade ao
ser dun só doante, importante para satisfacer a demanda
hospitalaria.
Épecial
mención require a
recollida de plasma
de doante individual mediante aférese (PLASMAFÉRESIS),
que se utiliza para a obtención de albúmina,
factores de coagulación, e outro tipo de medicamentos derivados do
plasma,
que se distribúen
nos hospitais de comunidade. Este tipo de doazón é importante
para chegar á autosuficiencia neste
tipo de produto.
DOAZÓNS
ESPECIAIS
A
extracción de autodonaciones, doazóns dirixidas e outro tipo de doazóns
necesarias para casos especiais tamén se realiza nos
locais da Axencia e son realizadas polo noso persoal.
A TENCIÓN
AO DOANTE CON ALTERACIÓNS ANALÍTICA
Nalgúns
casos as análises das doazóns atopan algún
resultado que necesita ser comprobado, para preservar, en primeiro
lugar, a saúde do doante e tamén para a dos receptores.
Os nosos profesionais encárganse deste traballo, realizando a
entrevista e a comprobación necesaria con total confidencialidade.